deportiva

Ximnasia Rítmica

Aprendendo e facendo

Nesta actividade fomentamos a expresión corporal coa axuda da música, pelotas, aros, cintas e outros aparellos relacionados con este deporte.

Máis alÁ dos libros

Traballamos a flexibilidade, o equilibrio, a fortaleza do corpo e o sentido do ritmo con actividades divertidas.
Esta actividade fai que se adquiran habilidades motrices básicas, fomenta o traballo en grupo e sobre todo respecto ós compañeiros.
Contamos con monitores especializados neste deporte, que enfocarán esta actividade dun xeito profesional tendo en conta a diversión e o fomento de valores.

Vantaxes:
Contribúe a mellorar o equilibrio, a resistencia, a coordinación e a flexibilidade.
Desarrolla a expresión corporal a través da musicalidade, a elegancia e o sentido do ritmo.