ACADÉMICAS

Técnicas de Estudo

Aprendendo e facendo

No colexio ensinan Matemáticas, Galego, Lingua Castelá, Lingua Inglesa, Sociais, etc.… pero… quen lles ensina a estudar?

Saben estudar os rapaces?

Máis alÁ dos libros

Respondede vós a estas preguntas, temos a seguridade de cales son as respostas, desgraciadamente a maioría coincidiría … e non de xeito positivo.

O que si vos podemos dicir é que os nenos cando chegan o Instituto, teñen verdadeiros problemas para concentrarse, estudar, facer os deberes, etc. E todo porque nunca se lles ensinou a estudar e a distribuir o seu tempo, nos farémolo…

Ensinaremos a estudar ós nenos dun xeito ameno e práctico, poñeremos nas mans dos cativos os recursos que se usan para organizar mellor o material que se vai a estudar.

Fomentaremos a lectura rápida e comprensiva, ensinarémolos a facer resumes e esquemas, axudarémolos a concentrar a súa atención en palabras e ideas clave, manter unha actitude de seguridade e confianza; fixaremos uns hábitos de estudo mediante horarios e planificación axeitadas do tempo de lecer.

Vantaxes:

Trataremos que os nenos adquiran total autonomía  para poder levar a cabo as tarefas, e tamén que se organicen.