Cultural

Teatro

Aprendendo e facendo

O teatro nos colexios é unha actividade fundamental como complemento das clases. O teatro vai moito máis alá de unha representación literaria: é unha das actividades máis completas e formativas.

Máis ala dos libros

Ademais de gustarlle moito ós nenos, o teatro axuda entre outras cousas a perder a o medo escénico e a mellorar a linguaxe, a expresión corporal ou fomentar as relación sociais.
Incluiremos nesta actividade talleres de maxia: os nenos aprenderán incribles trucos de maxia e crearán pequenas ilusións con diversos elementos, farán trucos clásicos e modernos.
O monitor encargado desta actividade pertence a unha compañía teatral con gran arraigo na nosa comarca.
Faremos talleres de guiñol, onde os nenos traballarán con marionetas e monicreques que eles mesmos construirán.

Vantaxes:
Estamos ante unha actividade excepcional, debido a todas as habilidades que axuda a mellorar nos pequenos. Ditas habilidades producirán novos estímulos que espertaran a súa curiosidade. Así, ademais de divertirse adquirirán ferramentas que lles axudarán a desarrollarse como persoas. Tamén potenciarán a súa imaxinación e a súa expresión oral e corporal.