tECNOLÓXICA
RobóticaAprendendo e facendo
ROBÓTICA
A LINGUAXE DO SÉCULO XXI.
A sociedade na que vivimos está cambiando constantemente, e a ensinanza ten que cambiar, “é complexo dirixir a educación cando os conceptos quedan obsoletos moi rápido“
Máis alÁ dos libros
Os expertos aconsellan desprazar a educación cara o desenvolvemento da creatividade e cara o pensamento crítico, entre outros valores.
As clases no futuro, en vez de centrarse na memorización, basearanse na superación diaria de retos e proxectos en base ás distintas capacidades dos nenos. A robótica para nenos é perfecta para complementar a ensinanza clásica, aínda que de momento segue sendo unha actividade extraescolar.
Trataremos a robótica como diversión, pero tamén como unha aprendizaxe.
Favorece as relacións interpersoais entre o alumnado, xa que as actividades planéanse de tal xeito que a resolución das diferentes cuestións debe ser debatida e consensuada entre os alumnos.
Axudaremos a que os nenos valoren as súas propias habilidades, favorecendo a confianza en sí mesmos e a autonomía na toma de decisións que despois debaterán co resto dos compañeiros. A aprendizaxe das distintas materias planearase dende a curiosidade e o descubrimento, que é a mellor maneira de aprender.
Empregaremos dende Legos ate sistemas electrónicos máis complexos para que os nenos poidan dar renda solta a súa imaxinación.
Vantaxes:
Fomentaremos a curiosidade e o desenvolvemento do pensamento lóxico-matemático a través da resolución de problemas ou situacións imaxinarias, empregando materiais novidosos e chamativos.