Cultural

Rapeando

Aprendendo e facendo

O Rap ten moitos beneficios para os nenos. Distintos logopedas e profesores, empregan o Rap como unha ferramenta, xa que mellora a dicción e a pronuncia, aumenta a axilidade verbal, ademais os nenos divírtense moito “rapeando”.

Máis ala dos libros

Axilidade mental: ó ter que unir palabras de forma moi rápida, que rimen e ademais que se entendan, é un bo estímulo para o cerebro, Ten que buscar en pouco tempo a palabra perfecta…. Necesita pensar … e rápido.
Comprensión verbal abstracta: o Rap non une palabras sen mais, emprégaas como clave para expresar determinados pensamentos, xoga con metáforas e precisa de razoamento abstracto.
Mellora o vocabulario: para rapear, debes ter un vocabulario rico, que che axude a atopar palabras exactas e colocalas no lugar adecuado.
Mellora a expresividade: non se entende o Rap sen expresión corporal. Lembra que é un estilo de música moi ligado ó Hip-Hop. O baile de este estilo musical é pura expresividade do corpo.