deportiva

Predeporte

Aprendendo e facendo

Sentaremos as bases para que os máis pequenos, coñezan o seu corpo e desenvolvan a súa psicomotricidade mediante xogos deportivos sinxelos.

Máis ala dos libros

Enfocarase como unha actividade moi dinámica e variada que desarrollará as capacidades motrices dos participantes dun xeito divertido e ameno.
Traballaranse carreiras, saltos, xiros e cambios de dirección e todos os movementos esenciais para calquera actividade física.
Inculcaremos o respecto ás normas e ós compañeiros mediante a diversión e a responsabilidade conxunta baseando todo en xogos predeportivos.
Canalizaremos o consumo da enerxía acumulada durante toda a xornada dun xeito controlado e farémoslle ver ós cativos os beneficios que ten o deporte a nivel físico e mental.

Vantaxes:
Esta actividade contribúe a mellorar habilidades psicomotrices mediante circuítos e xogos dinámicos para gañar equilibrio, resistencia, flexibilidade e coordinación.