tECNOLÓXICA

Informática – Internet – Mecanografía

Aprendendo e facendo

Quen non ten unha computadora na casa?

Hoxe en día a informática está ocupando cada vez máis terreo dentro da educación. As súas vantaxes fan desta ferramenta un factor moi positivo.

Máis alÁ dos libros

En canto á informática, temos algunha dúbida de que ter uns coñecementos básicos axuda tanto a maiores como a pequenos? É máis, tendes en conta as saídas laborais que esta disciplina ofrece ós rapaces?

Os nenos aprenderán a crear e estruturar carpetas, familiarízanse cos primeiros tratamentos de textos e con bases de datos moi sinxelas.

Os nenos utilízana para as súas tarefas escolares a diario, canto mellor coñezan a posición das tecras e as súas funcións, mellor e máis rápido escribirán. Eso suporía un aforro de tempo, moi necesario segundo os cursos se van complicando. Iniciarémolos na escritura a través dun teclado empregando cursos de mecanografía mediante xogos, en pouco tempo aprenderán a escribir con moita destreza.

Nos primeiros anos dos nosos fillos, toman valor os xogos para aprender informática, xa que estes son as ferramentas cognitivas coas que as novas xeracións nacen.

Nesta extraescolar, trataremos de canalizar toda a información sobre un uso correcto das computadoras, iniciaremos ó neno nas novas tecnoloxías dun xeito lúdico e práctico.

Iniciarémolos na internet, tan apaixonante como perigosa, trataremos de enfocar esta potente ferramenta cara un uso beneficioso, sen caer noutros estímulos non proveitosos, aplicando os filtros necesarios para cada idade.

Vantaxes:

Potencia a autonomía do coñecemento, ligándoo ó seu desenvolvemento máis alá das aulas, Xera inquietude por aprender, Adquírese destreza co uso do teclado.