deportiva
FútbolAprendendo e facendo
Traballaremos esta actividade afondando en estratexias de xogo básicas para cada categoría, e buscaremos a conciencia da competitividade dun xeito san e con deportividade.
Máis ala dos libros
Esta actividade permite un comportamento cooperativo cos demais compañeiros, fomentando o respecto.
Os nenos e nenas, familiarízanse co balón dun xeito divertido; potenciaranse o control, a condución e o golpeo, o pase e a recepción, a profundidade e os desmarques, os posicionamentos defensivos e ofensivos e, como non, a preparación de estratexias competitivas.
O obxectivo desta actividade é buscar a participación e o fomento deste deporte como unha actividade san e divertida, revalorizando os valores de compañeirismo, cooperación, xogo limpo e xogo de equipo.
Vantaxes:
Mellora o esquema corporal e as capacidades físicas e psicomotoras, tales como a resistencia, a flexibilidade, a forza, a coordinación e o equilibrio.
Fomenta os valores de respecto, traballo en equipo e cooperación.