Cultural

Facemos os deberes

Aprendendo e facendo

Ofrecemos ó alumnado un espazo onde poder levar a cabo as súas tarefas escolares, resolveranse dúbidas e recibirán a axuda que necesiten en cada momento para o estudo das distintas materias. Non se trata de “facerlles” os deberes ós nenos, senón de guialos e resolverlle as pequenas dúbidas que lles xurdan.

Máis alá dos libros

Ofrecemos ás familias unha axuda para resolver as dúbidas dos pequenos e así poder guialos no estudo; favoreceremos un ambiente adecuado para a realización das tarefas, xa que compartiremos  con outros nenos as distintas dificultades que atopan á hora de afrontar os deberes e a preparación dos temas.

Vantaxes:

Tentaremos que os nenos pouco a pouco adquiran autonomía plena á hora de planificar o seu traballo de forma independente.

Crearemos un ambiente de cooperación entre os nenos para que se axuden entre eles e se faciliten o traballo mutuamente, reforzando coñecementos e aprendendo en equipo.