Cultural
Entre TarteirasAprendendo e facendo
Na actualidade, a xente cociña menos, e come máis comida procesada carente de nutrientes e vitaminas e chea de graxas prexudiciais; estamos perdendo a cultura culinaria tan rica que temos en Galicia.
Máis alá dos libros
Serán partes importantes desta actividade: a hixiene e a orde, o trato das materias primas, a elaboración da lista da compra, a presentación dun prato de comida e o seu servizo. Acercaranse dun xeito san e creativo ós alimentos, experimentarán cos sabores, coñecerán as súas propiedades e os tempos de elaboración. |
As/os participantes elaborarán pratos fríos e quentes, tapas, aperitivos, doces …
Faremos talleres familiares en datas especiais como o Nadal, Pascua, Entroido, etc.
Vantaxes:
Con esta actividade trataremos de estimular a súa creatividade, a súa imaxinación e de fomentar hábitos de vida saudables con receitas propias, que farán que os nenos e nenas desfruten cociñando e comendo.