ACADÉMICA

English Club

Máis alÁ dos libros

Aprender a falar Inglés é a eterna materia pendente en toda España. Aprendemos gramática e vocabulario, e podemos dicir que cun gran nivel. Pero o problema ven á hora de entendelo e sobre todo de expresarnos oralmente, xa que non somos capaces de aplicar eses coñecementos nunha conversa. Con esta actividade pretendemos arranxar ese problema a través dunha ampla variedade de actividades divertidas e innovadoras onde os rapaces e rapazas falan en Inglés.

Trátase dunha actividade impartida en Inglés na que os alumnos participantes entablan unha comunicación fluída durante o curso cun centro en UK, principalmente compartindo actividades a través dun blog e por vídeo conferencia, propiciando un intercambio lingüístico-cultural moi interesante en ambas direccións .

É esencial para os/as alumnos entrar en contacto co Inglés nativo expresado por cativos da súa idade para unha correcta formación no idioma. Hoxe, a tecnoloxía ofrécenos esta posibilidade e é importante tamén que os/as rapaces e rapazas a saiban utilizar.

Por suposto, tódalas actividades propostas teñen o carácter lúdico dunha actividade extraescolar.

Ademais, o English Club ten un acordo de colaboración co Trinity College London no que se recoñece que nesta actividade preparamos ó alumnado para optar a un diploma oficial de este centro examinador. De feito, nos anos que levamos de colaboración, aprobaron o 100% de alumnos que se presentaron ós exames orais do Trinity.

Algunhas das actividades que se realizan son: video conferencias con UK, realización de murais educativos que despois os rapaces e rapazas explican en Inglés, gravación de curtas de cine en Inglés etc.

Os resultados son claros: mellora da fluidez no Inglés falado, mellora na comprensión do mesmo, aumento de vocabulario e expresións tipicamente británicas etc. O profesorado de inglés dos distintos centros nos que está funcionando esta actividade é consciente desta melloría, e comentan o beneficioso que lles parece.

Destacar que faremos distintas inmersións lingüísticas de fin de semana dentro de Galicia con distintas temáticas, onde a única lingua que se empregará será a inglesa.

O English Club ten ampla experiencia en organizar inmersións lingüísticas dunha semana para o alumnado da súa sección de secundaria, xa que levan 8 anos viaxando a Londres  para coñecer ós alumnos dos centros cós que xa tiveron relación durante o curso grazas ás video conferencias e ós blogs, visitar museos, etc. Ademais de coñecer a cidade divírtense na capital de UK.

Igualmente, o alumnado de cursos máis avanzados fai inmersións lingüísticas de 15 días en Irlanda onde os nenos reciben clases de Inglés nunha escola especializada, realizan actividades deportivas e de artes, ademais de facer excursións por tódala costa Oeste da illa.  Neste caso alóxanse con familias nativas.

Por último, falar da sección máis cativa do English Club, o English Club Mini, que ofrece ós pequerrechos de infantil multitude de xogos, cancións, murais e actividades interactivas con monitores/as que lles falarán en Inglés tamén. Os  pequerrechos están na idade de absorber coñecementos a montóns mentres se divirten, e eles tamén queren aprender Inglés!!