tECNOLÓXICA

Diverciencia

Aprendendo e facendo

Quen dixo que a ciencia non pode ser divertida? Con esta actividade coñecerán os segredos da ciencia, experimentando con distintos materiais e entendo os mecanismos polos que as cousas suceden no noso entorno.

Máis alÁ dos libros

Faremos moitísimos experimentos científicos, empregando materiais que temos no noso medio como auga, madeira, material escolar, etc. Descubrirán o porqué das cousas, e trataremos que entendan dun xeito sinxelo o funcionamento do mundo que os rodea adquirindo un coñecemento sólido sobre o que basear futuras aprendizaxes.

Fomentaremos con esta actividade o gusto pola ciencia a través dos experimentos, mellorando o pensamento lóxico, a capacidade de predicir acontecementos, formular hipóteses e resolver problemas. Todo a través do xogo e a experimentación, piares fundamentais da adquisición do coñecemento dos nenos.

Promóvese con esta actividade a curiosidade dos nenos, ensinándolles a observar, a darlle resposta ós distintos interrogantes que se lle plantexen en calquera ámbito da súa vida.

Ensinarémoslles a traballar coas distintas ramas das Ciencias Naturais e Experimentais, iniciándoos na Física e na Química e nos seus conceptos básicos de forma amena e divertida.

Vantaxes:

Fomenta a curiosidade, favorece as relacións interpersoais entre os alumnos, xa que os experimentos preséntanse de tal xeito que as resolucións teñen que ser debatidas e consensuadas entre todos.