Cultural

Debuxo, Pintura e Graffiti- Arte

Aprendendo e facendo

Con acuarelas, carboncillo, lapis de cores, rotuladores, os nosos pequenos artistas aprenderán distintas técnicas de expresión pictórica.

Máis alÁ dos libros

Dotamos así ós nenos das ferramentas necesarias para que exploren distintos estilos dando renda solta á súa creatividade.
O alumnado terá liberdade expresiva como punto de partida para calquera creación artística, co que incrementarán fundamentalmente a creatividade e a imaxinación, favorecendo a motricidade fina, a sensibilidade estética e a relaxación ó desfrutar da arte como medio de expresión de ideas e sentimentos.
Incrementaremos a seguridade, a autonomía e o gusto polo traballo ben feito.
Taller de Graffitearte; en colaboración co Concello, con particulares e con comunidades de veciños, buscaremos muros, casas e naves, e trataremos de utilizar esta arte urbana para proceder á súa limpeza e decoración de acordo coa natureza espacial.
Situaremos esta modalidade dentro do respecto ó medio. Seremos moi serios e moi estritos coa propiedade e a limpeza, Concienciaremos ós nenos de que só cos permisos necesarios se poden facer grafittis.
Teremos en conta que se traballa básicamente con sprays polo que utilizaremos todos os medios imprescindibles para garantir a seguridade dos nenos tales como: mascarillas, luvas, gorros e roupas de refugallo.
Vantaxes:
Desarrolla a creatividade e a imaxinación.
Os nenos poden contribuir a mellorar o noso entorno, trocando pintadas non desexadas por obras de arte.