deportiva

Baloncesto

Aprendendo e facendo

É unha actividade perfecta para descubrir o valor do traballo en equipo e do esforzo individual sobre todo, para desfrutar todas as posibilidades que ofrece este deporte.

Máis ala dos libros

Tratarase nunha primeira fase de familiarizarse co xogo, co balón, coa pista e coas regras; perfeccionándoo logo con pases, regates, rebotes e CANASTAS, os nenos aprenderán diferentes técnicas deste deporte a través de xogos e de participación en diferentes ligas.
Para levar a cabo esta actividade, contamos con persoal especializado con titulación de adestrador, de INEF ou Maxisterio na especialidade de Educación Física.
Vantaxes:
Aumenta as habilidades psicomotrices básicas, o equilibrio, a resistencia, a flexibilidade, a coordinación e a forza. Ademais aumenta os reflexos e a axilidade.
É unha ferramenta que potencia as actitudes de respecto e responsabilidade cara as normas, compañeiros e contrarios.