deportiva

Baile – Baile Urbán – Rap

Aprendendo e facendo

Nesta actividade os nenos aprenden e practican coreografías para cancións actuais de distintos tipos: pop, rap, hip hop… que coñecen e escoitan a diario, axudarémolos a perder o medo escénico a través de xogos e dinámicas grupais con coreografías modernas e atractivas.

Máis alÁ dos libros

Traballaremos o sentido do ritmo e a escoita activa, cualidades indispensables para a educación musical.
Fomentaremos o traballo en equipo mediante coreografías traballadas polo grupo.
Melloraremos a súa atención e a súa concentración, mediante a memoria coreográfica e propiciaremos un espazo no que os nenos se relaxen a través da música e do baile.
Os nenos serán os que escollan as cancións e coa supervisión do monitorado deseñarán as distintas coreografías: Funky, Hip-Hop, Street Dance… para que se inicien no baile urbano.