deportiva

Atletismo

Aprendendo e facendo

Actividade baseada na disciplina do atletismo onde se lle dará prioridade á carreira pero tamén se practicarán outras modalidades:
Saltos, lanzamentos… Sempre cunha base lúdica, divertida e atractiva a estas idades.

Máis ala dos libros

Os nenos teñen moita enerxía, están sempre correndo e saltando, o atletismo para nenos permite que descarguen esta enerxía, que se divirtan e socialicen, e inculcaremos que tomen bos hábitos de exercicio para o futuro; segundo algúns estudos, os hábitos que se adquiren na infancia son os que permaneceran no futuro.
O monitor detectará en que cualidades destaca cada neno, e enfocará o seu adestramento para a disciplina que mellor se axuste ó neno.
Os xogos e competición internas serán a base desta actividade
Vantaxes:
Desarrolla as habilidades psicomotrices básicas, o equilibrio, a resistencia, a flexibilidade, a coordinación e a forza.
Fomenta o deporte como alternativa san de ocio, que libera a mente e traballa o corpo.