MEDIDAS A TOMAR NO CAMPAMENTO DE VERáN

Cerca de catro millóns de menores participan cada ano en algún dos campamentos que organizan as 38.000 empresas de ocio educativo; as familias do noso centro, non podían ser diferentes, pois moitas consultáronosnos este ano se faría o Campamento de Verán. Este ano, coa crise do Coronavirus o sector afronta un incerto horizonte, o seu dilema é como garantir a seguridade dos  menores sen desvirtuar as actividades que se ofrecen. O Instituto da Xuventude, que depende do Ministerio de Dereitos Sociais, deseñou unhas pautas para guiar unha desescalada con garantías dos campamentos, según se vai avanzado no desconfinamento. Este documento axustarase ás directrices que diten o Ministerio de Sanidade e as autoridades autonómicas pertinentes.

Establécese un marco xeral, aplicable a todas as actividades, no que se establecen os seguintes puntos:

Control de accesos:

  • Levarase a cabo un control de temperatura e emplearánse solución hidoalcóholicas para o lavado frecuente das mans.
  • Habilitaranse 3 zonas distintas de entrega/recollida de nenos para evitar aglomeracións nos momentos de entrada e saída do campamento, estas zonas faranse en función do curso, é dicir, unha para E.I., outra para 1º,2º e 3º e outra para 4º,5º e 6º.

A “ADC As Mariñas”, implantará as seguintes medidas nos campamentos de verán que organice:

    •  

    • Cumplimentación dun cuestionario diario no que se farán constar datos relevantes para o control dos contaxios, p. ex.: Se o neno tivo febre, si algún membro da familia que establecera contacto co neno presentou algún dos síntomas máis comúns da infección por COVID-19, etc.
    • Toma de temperatura diante do titor que acompañe o menor, antes de entrar e de abandonar o recinto escolar. Ó longo da mañá, tomarase a temperatura periodicamente, dependendo de como avance a pandemia.
    • Instalación de dosificadores de hidroxel á entrada do centro, nas aulas, nos baños e no comedor.
    • Desinfección dos zapatos, á entrada das instalacións, cunha solución desinfectante.
    • Os nenos/as non traerán ningún material da casa, proporcionaráselles no centro e non se reutilizará
    • A distancia mínima entre os participantes será de 2 metros.
    • Os monitores irán equipados con EPI (mascarilla, pantalla protectora e bata esterilizada); os nenos traerán as mascarillas da casa.
    • Utilizarase o 50% do aforo das aulas, se nos atopamos na fase 2 e o 75% se pasamos a fase 3 ou seguintes.
    • A ratio de alumnos/as por monitor dependerá da fase, pero nunca excederá de 15 alumnos.
    • Dependendo da fase e se a situación sanitaria o permite, poderase incluír servicio de comedor, sempre manteñendo a distancia de seguridade recomendada polas autoridades nese momento.
    • Instalaranse carteis informativos coas normas a seguir: medidas de hixiene, distancia de seguridade e comportamento responsable, nas aulas, nos corredores e na entrada do centro.
    • As actividades que se leven a cabo serán maioritariamente ó aire libre.
    • A duración da xornada non poderá ser superior a 6 horas.
    • Solicitarase a sinatura dos seguintes documentos:
    • Aceptación das condicións de participación.
    • Aceptación da obriga de facilitar información.
    • Consentimento para a obtención de información proporcionada polos proxenitores, relativa á saúde dos membros da unidade familiar.
    • As actividades estruturaranse de tal xeito que os nenos/as non coincidan no patio, estableceranse quendas para o desenvolvemento das actividades no patio.

    Este ano, máis ca nunca, pensamos que os nenos necesitan un respiro, e a realización de actividades ó aire libre, despois de tanto tempo de confinamento, é necesaria tanto a nivel físico como mental.

    As Mariñas como organizador do campamento asume calquera responsabilidade xurdida en ditos campamentos por motivos da pandemia do COVID-19, por tanto, as ANPA só serán colaboradoras, facendo chegar as propostas os seus socios para que así estes se poidan beneficiar de descontos y adxudicacións de prazas con preferencia sobre o alumnado non socio da ANPA, quedando exentas de toda responsabilidade.

    Medidas prevención e saúde nos servizos da ANPA Valle-Inclán

    Medidas antes de sair da casa

    • Realizar a auto enquisa clínica do COVID-19*

    • Lava-las mans antes de sair e levar mascarilla.**

    Medidas antes de entrar no centro

    • Medición da temperatura

    • Lavado de mans co xel hidroalcohólico

     

    Medidas durante os servizos da ANPA

    • Manter a distancia de seguridade

    • Lavado de mans antes e despois de cada actividade.

    • Evitar o contacto das mans coa cara

    O Finalizar a xornada

    • Tomaránse as medidas hixiénicas necesarias siguindo os criterios do Ministerio de Sanidade para deixar as instalacions listas para o vindeiro día.

    Uso obrigatorio a os nenos/as maiores de 6 anos.

    • * En caso de ter algún síntoma contactar co seu centro de saúde e non acudir ao centro

    • ** Uso obrigatorio a os nenos/as maiores de 6 anos. (Recomendable o seu uso a partir dos 3 anos sempre que sexa posible)