CAMPAMENTO

"DISFRUTA E APRENDE 2020"

Un ano máis animámosvos a participar no campamento de verán DISFRUTA E APRENDE que organiza  Asociación Deportiva As Mariñas durante parte do mes de Xullo no CEIP Valle-Inclán. Durante este mes intentaremos encher o tempo libre dos vosos fillos/as  da forma máis proveitosa e divertida. Para iso temos preparadas: excursións, saídas á praia e ó monte, actividades artísticas, lúdicas, deportivas, teatrais e actividades en lingua inglesa procurando manter sempre un equilibrio entre a diversión e a aprendizaxe.

O día de inicio será 06 de Xullo e durará ata o 17 do mesmo mes.

Opcions de asistencia:

– 1ª quincena: do 06 ao 17 de xullo.
– 2ª quincena: do 20 ao 31 de xullo. (Suspendido por falta de alumnado, no caso de que completemos o mínimo requerido informaremos ás familias)

– 1 semana ( 5 Días laborais).

– Día solto.

Horario campamento:

08:00 – 09:00 Servizo de mañanceiros.

09:00 -14:00   Actividades Campamento. (Cada grupo ten un horario de actividades diferentes)

14:00 – 15:00  Recollida nenas/os campamento

>

Protocolo COVID-19

Introducción

O Covid-19 creou unha nova realidade que nos obrigou a adaptar e axustar os nosos procesos para crear un ambiente seguro no que poidamos facer o campamento. O Campamento deste ano será algo diferente, pero conservará a MAXIA E A ESENCIA de sempre. Neste documento preséntase as medidas e procesos que definimos para o noso campamento co obxectivo de axustarse ós diferentes protocolos decretados pola Xunta de Galicia e ás diferentes directrices do Instituto da Xuventude, do Ministerio de Dereitos Sociais e do Ministerio de Sanidade. Queremos crear un ambiente seguro a través de comprobacións diarias da saúde dos participantes e dos monitores, e asegurando a limpeza e desinfección periódicas e  frecuentes das instalacións onde se leven a cabo as actividades.  Divertirémonos ó aire libre ou, se non é posible, en espazos desinfectados e controlados. Esixirá un esforzo combinado entre o coordinador do campamento, os monitores, as familias e as nenas e nenos participantes para garantir a protección da saúde e a seguridade de todos mentres gozamos do campamento. Neste sentido, pedimos a súa colaboración para cumprir algunhas destas medidas. Será necesario instaurar mais medidas de hixiene e desinfección pero procuraremos preservar a súa maxia e esencia.

Requisitos para a participación

Este verán os requisitos sanitarios están marcados polos protocolos que as autoridades nos diten.

  • Requisitos para participar:
  • Ausencia de enfermidade e síntomas compatibles con Covid-19 (febre, tose, dificultade respiratoria, molestias, diarrea …) ou calquera outro síntoma infeccioso. Non ter estado en estreito contacto con persoas con síntomas positivos ou compatibles confirmados nos 14 días anteriores ó inicio do campamento.

 

  • A participación de nenos con patoloxías básicas previas, debe ser avaliada polo seu pediatra de xeito individual para determinar a idoneidade de participar no campamento, dado que son unha poboación de risco que pode sufrir maiores consecuencias en caso de contaxio. Nestes casos solicitaremos un informe médico.

 

  • As nenas e nenos en situación de inmunodepresión (certificada polo seu pediatra) ou que vivan nun fogar cunha persoa inmunodepresiva non pode participar este ano no campamento dadas as extraordinarias circunstancias, evitando así riscos innecesarios.
  • Declaración responsable (Cubrir en entregar o 1º día de campamento este Anexo 1 campamento).
    • Solicitarase a sinatura dos seguintes documentos:
      • Aceptación das condicións de participación.
      • Aceptación da obriga de facilitar información.
      • Consentimento para a obtención de información proporcionada polos proxenitores, relativa á saúde dos membros da unidade familiar.

 

Para participar no campamento, todas as familias e todos os monitores deberán asinar unha declaración responsable, onde garantan a saúde tanto dos nenos coma dos monitores durante os 14 días antes de entrar no campamento e que non padecían tose,  febre,  cansazo ou falta de respiración, ademais de que non estiveron en contacto con ninguén con síntomas nos 14 días anteriores ó inicio do campamento. Esta declaración será asinada o primeiro día de chegada. Os pais / titores legais están obrigados a poñerse en contacto co coordinador do campamento no caso de que o seu fillo presente síntomas de contaxio os días antes do comezo do campamento.

Capacidade do campamento e ocupación das instalacións no colexio.

Redución da capacidade do campamento.

Este ano reducimos entre 20% e o 30% a capacidade do campamento para asegurar a distancia de seguridade e poder dispor de máis espazo.

Actividades.

           Todas as actividades realizaranse cos compañeiros da aula para que as nenas e nenos non teñan que mesturarse cos das outras aulas; se iso se produce en algún momento, deberán usar sempre unha mascarilla. Limitaremos o máximo posible este tipo de actividades.

Actividades ó aire libre.

           Promoveremos actividades deportivas, e momentos ó aire libre.

Ventilación de espazos pechados.

          Ventilaremos clases, salas e espazos pechados con frecuencia para facilitar a renovación do aire.

Actividades dentro do colexio.

          Todas as actividades terán lugar nas instalacións do colexio, agás as saídas previstas que serán notificadas ós pais.

A ratio de alumnos/as por monitor dependerá da fase, pero nunca excederá de 15  alumnos.

Formación específica dos monitores e charla inicial para os nenos sobre as rutinas de hixiene a seguir durante o campamento.

Haberá unha sesión específica de adestramento Covid-19 que incluirá rutinas de prevención de riscos, protocolos de hixiene e actuación en cada actividade.

Medidas preventivas xerais.

Tanto os participantes coma os nosos monitores seguirán as seguintes rutinas de hixiene:

1.      Desinfección dos zapatos, á entrada das instalacións, cunha solución

2.     Toma de temperatura diante do titor que acompañe o menor, antes de entrar e de deixar o recinto escolar. Ó longo da mañá, tomarase a temperatura   periodicamente, dependendo de como avance a pandemia.

3.      Lavarán as mans con auga e xabón durante 20 segundos antes e ó final de cada actividade, teremos un xeito divertido de advertir disto.

4.      Uso de xel hixiénico manual cun mínimo de 70% de alcohol. Nas aulas e nos corredores haberá dispensadores de xel desinfectantes para uso exclusivo de cada grupo.

5.      Ensinaremos ós nenos a esbirrar tapando a boca e o nariz co antebrazo en vez coas mans.

6.      Mantemento da distancia social entre todos (2 metros).

7.      Uso de mascarillas: os monitores e nenos maiores de 6 anos, levarán sempre postas as mascarillas mentres duren as actividades , esta mascarilla traerana da casa. Dispoñeremos de mascarillas dun só uso para os casos nos que se teñan que repoñer.

8.      Os monitores irán equipados con EPI (mascarilla, pantalla protectora e bata esterilizada).

9.      Os nenos/as non traerán ningún material da casa, proporcionaráselles no centro e non se reutilizará.

 10.   Limpeza de espazos: A responsabilidade da limpeza dos centros educativos de Oleiros recae no Concello; tentamos pornos en contacto coa Concelleira de Educación e Xuventude pero aínda non foi posible. Estamos á espera de que o Concello nos confirme que proporcionará o servizo de limpeza e desinfección no centro durante o Campamento de Verán. No caso de que a súa resposta sexa negativa, As Mariñas contratará os servizos dunha empresa de limpeza profesional para que leve a cabo as tarefas de desinfeción.

11.    Cartelería.Teremos carteis informativos en cada unha das aulas e corredores para que os nenos teñen coñecemento das rutinas a realizar, por exemplo: como lavarse as mans, como esbirrar ou tusir, como evitar a propagación de xermes e como recoñecer os síntomas de contaxio.A cartelería proporcionaránnola as institucións de referencia: Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social e a Consellería de Sanidade.

 

Insistirase na responsabilidade dos pais á hora de traer ós fillos. Neste sentido As Mariñas confía en que as familias cumpran coa súa obriga, en caso de que algunha familia incorra  en algunha  irresponsabilidade, As Mariñas non se pode facer responsable, xa que pola nosa parte executaremos todas as medidas indicadas polas autoridades competentes.

 

De igual xeito, A ANPA do Colexio Valle Inclán e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, non terán ningún tipo de responsabilidades, xa que non son organizadores deste evento, A ANPA só fará de enlace entre As Mariñas e as familias asociadas, e a Xunta só deixa as súas instalacións, deste xeito o nivel da súa implicación neste campamento é só de colaboración.

 

>

Estructura

Proxectos semanais

Ó longo do mes de Xullo os alumnos de Educación Primaria levarán a cabo 4 proxectos (1 por semana) relacionados coas actividades, contidos e saídas programadas para cada grupo.

Os Xogos Olímpicos 1º Semana 6-10 de Xullo

Durante a primeira semana de campamento a temática estará orientada ó deporte e ós xogos olímpicos.

 

l

A posta en escena (Cine e teatro) 2º Semana 13-17 Xullo

Durante a segunda semana de campamento a temática estará orientada ó teatro e ó cine.

 

 

Science Week 3º Semana 20-24 de Xullo

Durante a terceira semana de campamento a temática estará orientada ós experimentos científicos.

 

Valle Inclán News 4º Semana 27-31 de Xullo

Durante a cuarta semana de campamento a temática estará orientada á creación do noso propio períodico.

 

Estrutura diaria das actividades

Obradoiros

Durante a semana levaremos a cabo unha serie de obradoiros relacionados co proxecto semanal.

Entre Tarteiras

As/os participantes elaborarán pratos fríos e quentes, tapas, aperitivos, doces.

Con esta actividade trataremos de estimular a súa creatividade, a súa imaxinación e de fomentar hábitos de vida saudables con receitas propias, que farán que os nenos e nenas desfruten cociñando e comendo.

Artesáns

Sabemos que estamos ante uns manitas potenciais: ós nenos, darémoslle todas as ferramentas para que desarrollen a creatividade e a imaxinación.

Propoñéndolles divertidas e vistosas manualidades realizadas con  barro, plastilina.

Horta

Cando un neno ou nena está esperando para eliminar as herbas daniñas nunha terraza ou ve que medrar unha leituga cada semana, está inadvertidamente practicando observación e concentración, polo que estará motivado a probar todas as verduras se participou no seu proceso de cultivo.

Reciclaxe

Propoñéndolles divertidas e vistosas manualidades realizadas con materiais diversos como cartón, material reciclado, etc.
Entre outras técnicas empregaremos o collage e a papiroflexia.
Esta actividade mellora a creatividade e a imaxinación dos nenos, axúdaos a recoñecer novas posibilidades de uso de materiais aparentemente sen utilidade.

Saída á praia / bosque + Merenda

Durante esta saída faremos unha pequena andaina que, dependendo do tempo que faga, levaranos ata a praia a facer xogos; no caso de que o tempo non acompañe iremos ata o bosque dos Veciños a facer xogos, montar cabanas, etc.

 

Actividades do proxecto

Durante estas sesións levaremos a cabo unha serie de actividades relacionadas co proxecto semanal.

 

Horario Campamento "Disfruta e Aprende"

Prezos

Período de inscrición do 26/06/2020 ao 6/07/2020 (No caso de non cumprir co nº mínimo de inscricións no poderá realizarse o campamento)

Non Socios ANPA

Mes completo
215
  • Prezo para o alumnado NON socio da ANPA ou de outros colexios, Mes completo (6-31 de Xullo)
  • Servizo de mañanceiros (08:00 – 09:00)
  • Actividades (09:00 – 14:00)

Non Socios ANPA

Unha quincena
115
  • Prezo para o alumnado NON socio da ANPA ou de outros colexios, unha quincena (6-17 de Xullo ou 20-31 de Xullo)
  • Servizo de mañanceiros (08:00 – 09:00)
  • Actividades (09:00 – 14:00)

Non Socios ANPA

Una semana
70
  • Prezo para NON SOCIOS da ANPA
  • 1 Semana do (6-31 de Xullo)
  • Servizo de mañanceiros (08:00 – 09:00)
  • Actividades (09:00 – 14:00)

Non Socios ANPA

Día solto
15
  • Prezo para o alumnado NON socio da ANPA ou de outros colexios
  • 1 día solto do (6-31 de xullo)
  • Servizo de mañanceiros (08:00 – 09:00)
  • Actividades (09:00 – 14:00)
Inscrición

 Campamento

“Disfruta e aprende 2020”

 

Teléfono de información

654 302 400

Email de contacto

agrupacionasmarinhas@gmail.com

01.

Accede ó formulario de inscrición a través do seguinte botón

02.

Completa cos teus datos a inscrición

03.

Unha vez envíados os vosos datos, para formalizar a inscrición, deberedes facer o primerio pago no prazo establecido .

Listado e nº de prazas vacantes (no caso de que haxa): 3 de xullo as 18:00.

No caso de que non houbera o mínimo de alumnos para non poder facer o campamento, informaríase o 3 de xullo ás 18:00

Ingreso de cartos: Ata o 6 de xullo.

Nº Conta Banco Popular ES63 0238 8114 3906 0324 5156

Prazas limitadas:

Respectarase a orde de inscrición e darase a seguinte preferencia:

1º socias/os ANPA

2º alumnado do centro non asociado á ANPA

3º resto solicitudes.