Quen somos
“As Mariñas” é unha Asociación Deportiva e Cultural sen ánimo de lucro, que se constituiu no ano 2009. Foi creada por un grupo de nais e pais despois de detectar unha necesidade no ámbito deportivo-cultural en dúas etapas fundamentais da vida das nosas fillas e fillos, a infancia e a adolescencia, especialmente esta última. Temos que conseguir que os
maiores de 12 anos disfruten de oportunidades de ocio, non son nenos, pero tampoco son mozos, e temos que adaptarnos as súas necesidades e gustos.
Sobre nós
En colaboración coas ANPA traballamos co alumnado que abrangue as idades de 3 a 12 anos para introducilos nos aspectos deportivos e culturais a través de diferentes actividades extraescolares. Cando o alumnado fai o cambio á Educación Secundaria Obligatoria, e polo tanto abandona o centro educativo de primaria, estes hábitos sans que viñan practicando perante esa primeira etapa da súa vida pérdense, debido a que as Asociacións existentes na zoa non dan continuidade a este tipo de actividades extraescolares nesta nova franxa de idades. Para que este colectivo poida seguir con esta práctica, a Asociación Deportivo Cultural “As Mariñas” oferta diferentes actividades nos Centros Educativos de Educación Secundaria de xeito que os adolescentes segan desenvolvéndose e formándose como persoas no senso máis amplo da palabra. Ademais, “As Mariñas” establece vínculos con Asociacións de nais e pais de centros educativos dos Concellos de Oleiros, da Coruña e de Concellos limítrofes trasladándolles esta idea para conseguir un obxetivo común.
Nestes intres, xa estamos colaborando con diferentes entidades dándolles soporte e vinculándoas á nosa Asociación, compartindo a nosa visión e os nosos valores.

MISIÓN & VISIÓN
Contribuir á formación das nenas, nenos e adolescentes, para que sexan adultos íntegros e responsables cun
profundo sentimento social e cultural. Abrir o noso abano de actividades aglutinando un rango máis amplo nas preferencias das nenas, nenos e adolescentes. Cantas veces os vemos aburridos nunha esquina, pechados na súa habitación, ou xogando ás “maquiniñas”; o aburrimento nestas idades é letal

VALORES
Refléxanse nos nosos estatutos:
● Entender a Asociación como un colectivo, sen intereses particulares.
● Ver a Asociación como un referente para a promoción, estudio e práctica de actividades deportivas,
culturais e lúdicas.
● Colaborar con ONGs e con proxectos solidarios.
● Entender a Asociación como unha entidade prestadora de servicios á infancia e á xuventude.
● Comprometerse e cooperar entre os membros da Asociación en todas as actividades desenroladas na
mesma.
● Establecer un punto de encontro onde se expoñan as diferencias e poder consensuar os diferentes
matices para o ben común.
● Espíritu de equipo, inculcar a responsabilidade e respeto ó formar parte dun grupo, aportando axuda ós
demáis.
Funcións
Deseñar os proxectos de actividades que as diferentes direccións das ANPA nos soliciten.
Deseñar o seu equipo de traballo elexindo os monitores e o persoal que levará a cabo o
desenvolvemento das actividades.
Comprobar in situ, a aplicación e a evolución da planificación de actividades nos diferentes centros.
Elaborar as memorias que se entregarán a ANPA e a ós distintos Consellos Escolares dos centros.
Ser un vínculo de comunicación entre o centro e a ANPA.
Observar o comportamiento do alumnado, e tratar de solucionar todos os problemas que xurdan.
Preparar as solicitudes de subvecións, para presentar ante os distintos organismos (Concello, Xunta, etc.) así como preparación da xustificación das mesmas.
Crear e procesar os ficheiros de facturación que se lle pasarán ós pais a principios de cada mes.
Como funcionamos
