Xestión Integral ANPA
Xestión de altas/baixas/modificacións actividades extraescolares.
Xestión integral dos recibos ós Pais/Nais
Xestión do seguro de accidentes do alumnado.
Xestión do banco de libros.
Coordinacións
Madrugadores
Comedor
Actividades Extraescolares
Idiomas
Servizos
Actividades Extraescolares
Campamentos
Inmersións Linsgüísticas
Viaxes
Sobre nós
“As Mariñas” é unha Asociación Deportiva e Cultural sen ánimo de lucro, que se constituiu no ano 2009. Foi creada por un grupo de nais e pais despois de detectar unha necesidade no ámbito deportivo-cultural en dúas etapas fundamentais da vida das nosas fillas e fillos, a infancia e a adolescencia, especialmente esta última. Temos que conseguir que os maiores de 12 anos disfruten de oportunidades de ocio, non son nenos, pero tampoco son mozos, e temos que adaptarnos as súas necesidades e gustos.

En poucas palabras
Misión
Contribuir á formación das nenas, nenos e adolescentes, para que sexan adultos íntegros e responsables cun profundo sentimento social e cultural.
VISIÓN:
Abrir o noso abano de actividades aglutinando un rango máis amplo nas preferencias das nenas, nenos e adolescentes. Cantas veces os vemos aburridos nunha esquina, pechados na súa habitación, ou xogando ás “maquiniñas”; o aburrimento nestas idades é letal.
VALORES
Refléxanse nos nosos estatutos:
-
Entender a Asociación como un colectivo, sen intereses particulares.
-
Ver a Asociación como un referente para a promoción, estudio e práctica de actividades deportivas, culturais e lúdicas.
-
Colaborar con ONGs e con proxectos solidarios.
-
Entender a Asociación como unha entidade prestadora de servicios á infancia e á xuventude.
-
Comprometerse e cooperar entre os membros da Asociación en todas as actividades desenroladas na mesma.
-
Establecer un punto de encontro onde se expoñan as diferencias e poder consensuar os diferentes matices para o ben común.
-
Espíritu de equipo, inculcar a responsabilidade e respeto ó formar parte dun grupo, aportando axuda ós demáis.
-
Integración e acollida na entidade de todas as nenas, nenos e adolescentes con capacidades distintas.
Actividades Extraescolares
Deportivas
Culturais
Tecnolóxicas
Académicas
En familia

Deseñar os proxectos de actividades que as diferentes direccións das ANPA nos soliciten.
Deseñar o seu equipo de traballo elexindo os monitores e o persoal que levará a cabo o desenvolvemento das actividades.
Comprobar in situ, a aplicación e a evolución da planificación de actividades nos diferentes centros.
Elaborar as memorias que se entregarán a ANPA e ós distintos Consellos Escolares dos centros.
Ser un vínculo de comunicación entre o centro e a ANPA.
